Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 42994

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 185/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 185/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Raña Pampín contra Stylo Baño e Interiorismo, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019.

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 233/2019, do 24.5.2019, ditada no procedemento ordinario 693/2016, a favor da parte executante, Juan Carlos Raña Pampín, fronte a Stylo Baño e Interiorismo, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 11.194,86 euros en concepto de principal (8.815,23 euros en concepto de salarios e vacacións, 2.379,63 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 1.119,48 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019.

Parte dispositiva

Co fin de dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Stylo Baño e Interiorismo, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, aboe a cantidade de 11.194,86 euros en concepto de principal (8.815,23 euros en concepto de salarios e vacacións, 2.379,63 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 1.119,48 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0185 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Stylo Baño e Interiorismo, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Stylo Baño e Interiorismo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza