Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 42991

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 172/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 172/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eugenia Clara García González contra Marmota Retail, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2019.

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 108/19, do 6 de marzo, ditada no procedemento PO 257/16, a favor da parte executante, Eugenia Clara García González, fronte a Marmota Retail, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 5.057,97 euros en concepto de principal (3.625,61 euros máis 1.432,36 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 505,79 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Iria Román Vidarte.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2019.

Parte dispositiva

Co fin de dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir a executada Marmota Retail, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, aboe a cantidade de 5.057,97 euros en concepto de principal (3.625,61 euros máis 1.432,36 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 505,79 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0172 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Marmota Retail, S.L. co fin de que, no prazo de 10 días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante, Eugenia Clara García González, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, se é o caso, se poidan obter na presente execución.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Marmota Retail, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2019.

A letrada da Administración de xustiza