Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 Páx. 43019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de agosto de 2019, do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Trazo (Trazo-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Trazo (Trazo-A Coruña) que, con data do 20 de agosto de 2019, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«Á vista da disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, e en cumprimento do establecido no artigo 35, unha vez revisada a documentación e os planos que o compoñen, por este acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de concentración parcelaria de Trazo (Trazo-A Coruña).

Conforme o disposto no número 3 do artigo 16 da dita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderanse presentar na Xefatura Territorial da Coruña (Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, nº 2), nas oficinas centrais da consellería, en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n) ou en calquera das dependencias a que fai referencia a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 5 de agosto de 2019

Ana Arizón Fanlo
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias