Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 30 de setembro de 2019 Páx. 43052

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 23 de setembro de 2019 pola que se dispón o nomeamento dunha vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Mediante Orde do 29 de outubro de 2010 determinouse que, en representación dos municipios en cuxo termo está localizada a zona de servizo do porto, se integrarían no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo dous vogais, un por parte do Concello de Vigo, e outro, con alternancia cada dous anos, por parte dos concellos de Redondela e Moaña.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do Concello de Redondela,

DISPOÑO:

O nomeamento de Digna Rosa Rivas Gómez como vogal representante do Concello de Redondela no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2019

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar