Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 30 de setembro de 2019 Páx. 43239

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2019 pola que se procede a realizar as convocatorias públicas para cubrir prazas de persoal laboral fixo.

Prazas: 3 (tres) policías portuarios e 1 (unha) de xefe de equipo de mantemento.

Tipo de contrato: fixo.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases destas convocatorias e as solicitudes estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web: www.portovilagarcia.es.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web: www.portovilagarcia.es.

Vilagarcía de Arousa, 23 de setembro de 2019

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa