Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 30 de setembro de 2019 Páx. 43237

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2019.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2019 por esta fundación.

Data de sinatura

Importe con cargo ao orzamento da fundación

Convenio

30.4.2019

3.451,60 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública, Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Sociedade Pública de Investimentos, S.A., Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Xestgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., Galicia Calidade, S.A. e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

16.5.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da cultura de Galicia e Parámetro Digital, S.L., para a organización e promoción do evento deportivo Rompetiño na Cidade da Cultura de Galicia.

22.5.2019

0,00 €

Acordo entre a Axencia Turismo de Galicia, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para o desenvolvemento da exposición Galicia, un relato no mundo, incluída dentro da programación do Xacobeo 2021.

24.5.2019

0,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para o desenvolvemento do evento Inqedu: falemos de educación, que se executará na Cidade da Cultura de Galicia os días 28 e 29 de maio de 2019.

28.5.2019

30.000,00 €

Convenio de colaboración para a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación no 2019, entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U.

31.5.2019

166.041,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para levar a cabo a configuración das obras de acondicionamento do espazo Gaiás-Tech no edificio do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia

14.6.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Consello da Cultura Galega para a cooperación na exposición Galicia, un relato no mundo.

19.6.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundació Privada Banc Sabadell e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia con motivo do IX Encontro de artistas novos

22.7.2019

0,00 €

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para o desenvolvemento de actividades culturais que se realizarán na Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

Manuel Vila López
Secretario do Padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia