Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43344

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba e se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, que establece como sistema selectivo o de concurso-oposición.

A base II.3.2 da convocatoria dispón que «os méritos enumerados na base II.3.1. deberán referirse á data da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e deberán acreditarse nos prazos e de conformidade co procedemento que estableza a Dirección Xeral da Función Pública e que será publicado no Diario Oficial de Galicia. Non se terán en conta os méritos que non se presenten conforme ao establecido no dito procedemento».

En cumprimento da previsión anterior, e co obxecto de que as persoas aspirantes poidan acreditar os méritos cos que conten na fase de concurso, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar e publicar o procedemento a seguir para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Segundo. A base II.3.1 da convocatoria dispón que «A fase de concurso consistirá na valoración, ás persoas aspirantes que superaron a fase de oposición da experiencia profesional, entendida como os servizos prestados como persoal laboral na categoría 001 do grupo V no ámbito do V Convenio colectivo de persoal laboral da Xunta de Galicia, ou como persoal laboral na mesma categoría en calquera outra Administración pública, sempre que se inclúa dentro do mesmo grupo de titulación.

Entenderase que é a mesma categoría noutra Administración pública cando figure no contrato asinado algunha das seguintes denominacións: camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña//pasador/a de ferro-lavandeiro/a//costureiro/a//cortador/a//pasador/a de ferro//lavandeiro/a».

Terceiro. Para acreditar os méritos recollidos na base II.3.1.1 da convocatoria:

a) No caso de servizos prestados na Xunta de Galicia, as persoas aspirantes presentarán a documentación segundo o modelo de certificación que figura como anexo a esta resolución e que será expedida e debidamente asinada polas unidades seguintes de acordo co último destino no día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia:

– Servizos centrais: secretaría xeral técnica, subdirección xeral ou xefatura do servizo que teña atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva, ou titulares dos órganos ou unidades equivalentes das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

– Servizos periféricos: xefaturas territoriais ou, de ser o caso, persoal responsable da área de persoal das xefaturas territoriais da consellería respectiva, ou das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

b) No caso de servizos prestados noutras administracións públicas, as persoas aspirantes presentarán a documentación segundo o modelo de certificación que figura como anexo a esta resolución e que será expedida e debidamente asinada pola unidade responsable da área de persoal da administración correspondente, debendo achegar ademais certificado de vida laboral emitido polo órgano competente da Seguridade Social e copia do contrato ou nomeamento.

Para efectos do cómputo dos servizos prestados, os meses consideraranse integrados por 30 días naturais e as fraccións de mes poderán sumarse entre si para acadar un mes completo, depreciándose a fracción resultante inferior ao mes.

Os servizos efectivos prestados en xornadas inferiores á completa valoraranse proporcionalmente.

Non se valorará ningunha experiencia profesional que non conste no anexo citado.

Cuarto. As persoas aspirantes disporán, para presentar a documentación sinalada no apartado anterior, dun prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución do tribunal pola que se fagan públicas as notas do segundo exercicio da fase de oposición ou da resolución pola que se declare a todas as persoas exentas deste no Diario Oficial de Galicia. Esta documentación irá dirixida á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública, Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2019

José Mª Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file