Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 1 de outubro de 2019 Páx. 43341

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

Beatriz Allegue Requeijo
Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Consorcio Centro de Investigación Biomédica en Red, M.P., o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade

Sen achega económica

1.1.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (Ados), a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis), a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, a Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía (Ingo) e Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. para a dotación dos servizos de telecomunicacións, internet, mantemento do equipamento de comunicacións e xestión da rede

44.953,92 €

14.5.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia (SEMG) para a colaboración na formación de médicos en simulación médica avanzada

Sen achega económica

15.5.2019

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Lundbeck, S.A. para a colaboración na difusión da actividade formativa Biblioterapia de autoaxuda

Ingreso 3.630,00 €

23.5.2019