Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 2 de outubro de 2019 Páx. 43420

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se convocan as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (Diario Oficial de Galicia número 5, do 8 de xaneiro de 2019).

Artigo único

De conformidade coas previsións contidas no Regulamento 1071/2009, do 21 de outubro; na Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo; na Lei 16/1987, do 30 de xullo; no Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, e na Orde do Ministerio de Fomento do 28 de maio de 1999, e de acordo coa autorización conferida pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 8 de xuño de 1989, modifícase a composición do tribunal designado no punto 10.a) da Resolución do 28 de decembro de 2018 que se cita no encabezamento, no seguinte sentido:

Noméase como secretaria a:

Mª Carmen Arnoso Calvo, que substitúe a David Conde Varela.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2019

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade