Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 2 de outubro de 2019 Páx. 43446

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 19 de setembro de 2019 pola que se extingue, de oficio, a autorización do centro privado Rizo Belle 2, de Pontevedra, por cesamento de actividades docentes.

Por Orde do 7 de outubro de 2002 (DOG do 6 de novembro) autorízase ao centro privado (CPR) Rizo Belle 2, de Pontevedra, para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Perrucaría e o CM Estética persoal decorativa (Loxse). Estes ciclos formativos transfórmanse nos ciclos medios (LOE) Peiteado e cosmética capilar e Estética e beleza, respectivamente.

Por Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos iníciase o expediente de extinción da autorización do centro docente, que se tramita de conformidade co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e na Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Extinción da autorización

Extinguir, de oficio, por cesamento nas súas actividades docentes, a autorización do centro privado Rizo Belle 2, de Pontevedra, código 36024434, en aplicación da disposición oitava.2 da Orde do 20 de setembro de 1995.

Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros

A presente extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional