Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 44217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Padrón (expediente-e.: IN407A 2019/70-1).

Expediente-e.: IN407A 2019/70-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento da MT blindaxe de celas na subestación Padrón.

Concello: Padrón.

Feitos:

1. O 28 de marzo de 2019, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitóuselles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as seguintes:

• Actuación núm. 1: liña eléctrica de media tensión subterránea (PAD804) a 20 kV cunha lonxitude de 75 m, con orixe en cela de liña da subestación Padrón, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al) e remate na LMTS PAD 804 existente.

• Actuación núm. 2: liña eléctrica de media tensión subterránea (PAD805) a 20 kV cunha lonxitude de 75 m, con orixe en cela de liña da subestación Padrón, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al) e remate na LMTS PAD 805 existente.

• Actuación núm. 3: liña eléctrica de media tensión subterránea (PAD806) a 20 kV cunha lonxitude de 75 m, con orixe en cela de liña da subestación Padrón, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al) e remate na LMTS PAD 806 existente.

• Actuación núm. 4: liña eléctrica de media tensión subterránea (PAD810) a 20 kV cunha lonxitude de 75 m, con orixe en cela de liña da subestación Padrón, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al) e remate na LMTS PAD 810 existente.

• Actuación núm. 5: liña eléctrica de media tensión subterránea (PAD811) a 20 kV cunha lonxitude de 75 m, con orixe en cela de liña da subestación Padrón, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al) e remate na LMTS PAD 811 existente.

• Actuación núm. 6: liña eléctrica de media tensión subterránea (PAD812) a 20 kV cunha lonxitude de 75 m, con orixe en cela de liña da subestación Padrón, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al) e remate na LMTS PAD 812 existente.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Concederlle a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 13 de setembro de 2019

O xefe territorial da Coruña
P.A. (Artigo 62.3 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Francisco Javier Filgueira Rodríguez
Xefe do Servizo de Administración Industrial da Coruña