Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 44215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2019/109-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica del Arnego, S.L.

Domicilio social: rúa Maior, 12, 36520 Agolada.

Denominación: centro de manobra en punto fronteira no Castelo.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT subterránea, con condutor RHZ, de 22 metros de lonxitude, con orixe e final nos pasos aerosubterráneos no apoio da LMT de Hidroeléctrica del Arnego, subderivación Anzo, con entrada e saída no centro de manobra proxectado no punto fronteira de distribución existente no Castelo. Centro de manobra, con celas modulares baixo envolvente metálica con illamento e corte en SF6, situado no Castelo (Lalín).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual. No mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Adicionalmente, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto está dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de agosto de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Concello: Lalín; polígono: 150; parcela: 136; titular: herdeiros de Lucila Pardo Rielo; afección: 25 m2 de solo para canalización.

Predio 2. Concello: Lalín; polígono:150; parcela: 137; titular: herdeiros de José Antonio Pardo Vilariño; afección: 50 m2 de solo para o centro de manobra e 35 m2 para canalización.