Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 43921

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019 pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario correspondente ao exercicio 2019, destinado ao financiamento das axudas en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2019 ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de comercio electrónico seguro (código de procedemento CO400A).

Mediante Resolución do 5 de setembro de 2019, da directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, procédese á publicación da convocatoria pola que se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2019 ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de comercio electrónico seguro.

No anexo I da dita resolución establécense as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para o ano 2019 ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica.

Tal como se establece no artigo 1.2 das ditas bases, o procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O artigo 9 das bases dispón que as axudas se concederán en actos sucesivos ata o esgotamento do crédito. O órgano xestor publicará no DOG e na páxina web do Instituto Galego do Consumo e da Competencia o esgotamento da partida orzamentaria e inadmitirá as posteriores solicitudes destinadas á subvención, salvo que se produza un incremento de crédito.

Unha vez esgotados os recursos económicos destinados a estas axudas previstas na Resolución do 5 de setembro de 2019, da directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, procédese á publicación da convocatoria pola que se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2019 ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de comercio electrónico seguro,

RESOLVO:

Primeiro. Facer público que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas contidas na devandita Resolución do 5 de setembro de 2019 quedou esgotado con data do 27 de setembro de 2019 coa solicitude presentada ás 12.00 horas.

Segundo. Ordenar a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia