Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 43837

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 117/2019, do 19 de setembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Leiro da totalidade da estrada OU-188 e dun treito antigo da OU-504, Ribadavia (N-120)-Cea (OU-901).

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Leiro solicitou á Axencia Galega de Infraestruturas a transferencia dun antigo trazado da estrada OU-188 entre os puntos quilométricos 0+040 e 0+640 denominada como «variante de Bieite» e do treito antigo da OU-504 que ten o seu inicio no punto quilométrico 11+276, marxe esquerda, e final no punto quilométrico 11+510, marxe esquerda, da actual OU-504, denominada como «variante de Gomariz». Estes dous tramos de estradas posúen un tráfico rodado de ámbito local e carecen de funcionalidade dentro da Raega (rede autonómica de estradas de Galicia).

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos de estradas que se define no artigo 1 na súa totalidade, agás as interseccións ou nós viarios que existen ao inicio e final de cada viario que se transfire, motivado por razóns de eficiencia canto á conservación e explotación.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de setembro de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Leiro de:

Clave

Denominación

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89)

PQf

Coordenadas UTM (ETRS89)

OU-188

OU-504-Bieite-OU-209

0+030

X=572.109

Y=4.687.871

0+640

X=572.203

Y=4.688.387

Resto OU-504 (ME)

-

11+270

X=572.594

Y=4.692.405

11+510

X=572.640

Y=4.692.607

Modificar o Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia, do seguinte xeito:

– Suprimir a nomenclatura da estrada OU-188.

– Corrixir a nomenclatura da OU-504, que queda como segue:

Clave

Rede

Denominación

Clave anterior

OU-504

PB

Ribadavia (N-120)-Cea (OU-901)

-

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Leiro deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponden ao Concello de Leiro, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que poida corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de setembro de dous mil dezanove

O presidente da Xunta de Galicia
P.S. (Decreto 106/2019)
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade