Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44422

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se realiza a súa convocatoria.

Conforme ao establecido no artigo 24 da Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se realiza á súa convocatoria, unha vez ultimada a concesión de axudas publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, a finalidade, o país de execución do proxecto e o importe das axudas concedidas.

De acordo co establecido no artigo único do punto 3 desta orde, as cantidades inicialmente asignadas a cada aplicación orzamentaria do capítulo IV e do capítulo VII por cada liña de subvención teñen carácter estimativo e a súa determinación definitiva será a que resulte das resolucións de concesión que se diten ao abeiro desta orde.

En base ao informe da comisión avaliadora recollido na acta de data 22 de abril de 2019 e de acordo co sinalado no citado artigo único do punto 3 da orde da convocatoria, realizáronse as preceptivas modificacións orzamentarias e autorizouse polo Consello da Xunta de Galicia o incremento na dotación da anualidade do capítulo IV para o ano 2020. A modificación na distribución entre créditos orzamentarios foi publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 122, do 28 de xuño.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 2 de xullo de 2019, de conformidade coa Orde do 17 de decembro de 2018 (DOG núm. 9, do 14 de xaneiro de 2019) para a execución de:

– 17 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior a executar polas organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de tres millóns cincuenta e cinco mil cincocentos oitenta e sete euros con noventa e oito céntimos (3.055.587,98 €), nas contías, beneficiarios, finalidade e país de execución que se relacionan no anexo I desta resolución.

– 2 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior a executar polos outros axentes de cooperación (universidades, sindicatos, empresas ou organizacións empresariais e comunidades galegas no exterior) por un importe global de trescentos corenta e catro mil seiscentos sesenta e cinco euros con corenta e nove céntimos (344.665,49 €), nas contías, beneficiarios, finalidade e país de execución que se relacionan no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2019

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO I

Axudas para proxectos de cooperación no exterior das ONGD

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención concedida

Subvención concedida total

Anualidade 2019

Anualidade 2020

Capítulo IV

Capítulo VII

Total 2019

Capítulo IV

Capítulo VII

Total 2020

2019/38

Asamblea de Cooperacion pola Paz agrupada coa Asociación galega de reporteiros solidarios (Agareso)

Mellora das capacidades técnicas e materiais da pesca artesanal salvadoreña e a súa cadea de valor para o exercicio dunha actividade segura e sostible.

255.416,12

225.000,00

72.669,68

17.330,32

90.000,00

129.366,80

5.633,20

135.000,00

2019/39

Asamblea de Cooperación pola Paz agrupada coa Asociación galega de reporteiros solidarios (Agareso)

Mellora das condicións de habitabilidade e dos mecanismos locais de defensa e protección dos DDHH e dereitos das mulleres das comunidades de La Cubana, La Balsa e Olivares, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana.

238.253,09

200.199,00

49.201,24

30.878,36

80.079,60

83.774,75

36.344,65

120.119,40

2019/29

Arquitectura sin Fronteras

Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfasis nas mulleres viúvas ou solteiras. Fase 6 (peche).

198.745,55

170.730,00

45.477,00

22.815,00

68.292,00

72.018,00

30.420,00

102.438,00

2019/12

Amigos da Terra Galicia-Xuventude

Fortalecemento das capacidades de 9 cooperativas de pescadores e pescadoras artesanais para producións acuícolas alternativas adaptadas ao Cambio climático nos departamentos de Chinandega e León, Nicaragua.

209.341,00

174.910,00

42.583,08

27.380,92

69.964,00

84.653,00

20.293,00

104.946,00

2019/44

Fundación Balms para la infancia

Mellora das condiciones de vida para a ampliación das capacidades e as liberdades das persoas mediante un proceso de participación cidadán e comunitaria con enfoque de xénero en Santa Lucía, provincia de Santiago- asociada a IDI Rep. Dominicana.

202.088,37

174.926,90

58.985,04

10.985,72

69.970,76

88.477,56

16.478,58

104.956,14

2019/19

Arquitectura sin Fronteras agrupada con Proyde

Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a xuventude rural de 8 comunidades do Municipio de Champerico (Guatemala). Fase 5 (peche).

245.878,52

224.980,00

52.210,12

37.781,88

89.992,00

124.900,50

10.087,50

134.988,00

2019/9

Médicos del Mundo

Mellorada a abordaxe integral, interinstitucional e comunitaria, da prevención e atención das mulleres sobrevivintes da violencia baseada en xénero (VBG), favorecendo el acceso a os servicios de saúde desde un enfoque de pertinencia cultural nos municipios de Santa Cruz y Chisec de Alta Verapaz. Guatemala.

199.994,92

174.994,94

66.688,54

3.309,52

69.998,06

104.996,88

 

104.996,88

2019/20

Enxeñería sen fronteiras Galicia agrupada coa Universidade da Coruña

Proxecto de mellora da sustentabilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de 7 grupos de mulleres marisqueiras nos municipios de Amapala, San Lorenzo e Marcovia. Honduras.

247.235,86

225.000,00

87.320,00

2.680,00

90.000,00

127.780,00

7.220,00

135.000,00

2019/16

Solidariedade Internacional de Galicia

Xestión integral, sostible e equitativa dos residuos sólidos, fortalecendo a gobernanza municipal e a participación comunitaria nos municipios de Perquín, Meanguera e Jocoaitique. El Salvador.

217.789,39

169.847,14

50.878,48

17.060,38

67.938,86

76.317,72

25.590,56

101.908,28

2019/15

Fundación Fabre

Mellorada a dispoñibilidade dos recursos básicos para o acceso á educación no municipio de Poroma. Bolivia.

235.311,00

175.000,00

50.714,92

19.285,08

70.000,00

78.553,05

26.446,95

105.000,00

2019/6

Médicos del Mundo

Mellorada a saúde sexual e reprodutiva da poboación do distrito de Koinadugu, con especial atención aos grupos vulnerables. Sierra Leona.

186.100,00

175.000,00

34.640,00

35.360,00

70.000,00

60.960,00

44.040,00

105.000,00

2019/11

Fundación Axuda en Acción

Mulleres Rurais Resilientes fronte á variabilidade climática no corredor seco de Madriz. Nicaragua.

235.000,00

175.000,00

41.372,00

28.628,00

70.000,00

87.714,50

17.285,50

105.000,00

2019/30

Fundación humanitaria de los rotarios españoles

Proxecto Agua Segura: Mellora do acceso á auga potable e saneamento en condiciones de equidade e sen discriminación para 27 comunidades rurais del Distrito Municipal de Baños del Inca, Cajamarca (Perú).

318.067,72

155.000,00

26.074,95

35.925,05

62.000,00

44.318,46

48.681,54

93.000,00

2019/8

Farmacéuticos Mundi

Promoción do exercicio efectivo do dereito á saúde sexual e reprodutiva e o saneamento ambiental no territorio de Lagoa de Perlas, municipio de Bluefields, mediante o fortalecemento das capacidades comunitarias e institucionais e a articulación de estratexias incluintes e equitativas. RACCS. Nicaragua.

200.000,00

175.000,00

54.400,00

15.600,00

70.000,00

81.800,00

23.200,00

105.000,00

2019/4

Manos Unidas

Mellora das condicións de vida da poboación campesiña de tres municipios das provincias de Azua e San Juan, consolidando a seguridade alimentaria mediante a implementación dun sistema produtivo agroecolóxico. Rep. Dominicana.

174.441,42

60.000,00

29.936,36

30.063,64

60.000,00

 

 

0,00

2019/25

Fundación Taller de Solidaridad agrupada con Fundación Entreculturas

Mellora do exercicio do dereito ao traballo de titulares de dereito de comunidades rurais dos distritos de Ccatcca, Ocongate e Marcapata, Cusco, Perú mediante o desenvolvemento dunha ruta turística.

309.143,71

225.000,00

74.493,00

15.507,00

90.000,00

116.594,00

18.406,00

135.000,00

2019/5

Fundación Humanismo y Democracia (FHD)

Desenvolvemento de mecanismos locais de prevención da violencia de xénero e a promoción de contornos seguros nas provincias de Dajabón e Monte Cristi (República Dominicana).

207.090,00

175.000,00

67.021,13

2.978,87

70.000,00

105.000,00

 

105.000,00

Total

3.879.896,67

3.055.587,98

904.665,54

353.569,74

1.258.235,28

1.467.225,22

330.127,48

1.797.352,70

ANEXO II

Axudas para proxectos de cooperación no exterior doutros axentes de cooperación

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención proposta total

Subvención proposta total

Anualidade 2019

Anualidade 2020

Capítulo IV

Capítulo VII

Total 2019

Capítulo IV

Capítulo VII

Total 2020

2019/13

Fundación Galicia Innova

Progebosque fase II (Programa de xestión económica de produtos orgánicos e aseguramento alimentario en Comunidades que habitan zonas de bosque na subcuenca del Río Chipilico, na rexión de Piura-Perú).

189.725,00

170.749,99

51.879,36

16.420,63

68.299,99

94.397,78

8.052,22

102.450,00

2019/34

Fundación Mujeres

Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua (Ecuador).

214.250,88

173.915,50

64.268,50

5.297,70

69.566,20

79.719,40

24.629,90

104.349,30

Total

403.975,88

344.665,49

116.147,86

21.718,33

137.866,19

174.117,18

32.682,12

206.799,30