Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44419

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 2 de abril de 2019, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria.

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 2 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e procédese á súa convocatoria, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 19 de xullo de 2019, de conformidade coa Orde do 2 de abril de 2019 (DOG núm. 77, do 23 de abril), para a execución de:

– 14 proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global dun catrocentos setenta e nove mil douscentos cincuenta e seis euros con oitenta e catro céntimos (479.256,84 €), nas contías, beneficiarios e finalidade, que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2019

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación proxecto

Orzamento total

Subvención solicitada

Subvención proposta

Ano 2019

Ano 2020

Total

2019/12

Fundación Axuda en Acción agrupada Entreculturas, Educo y Taller de Solidaridad

Campaña Mundial pola Educación 2020 en Galicia.

47.500,00

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

2019/18

Asamblea de Cooperación por la Paz agrupada con Agareso

Melloras das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universidades galegas.

47.530,00

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

2019/4

Agareso

Melloras das capacidades de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado e do profesorado de secundaria de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión.

37.096,00

34.991,00

13.996,40

20.994,60

34.991,00

2019/7

Asoc. Solidariedade Internacional de Galicia

Horizonte 2030: construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora. Fase III: da acción á transformación.

37.623,00

34.731,00

13.892,40

20.838,60

34.731,00

2019/17

Arquitectos sin Fronteras-Demarc. Galicia

Investigación-acción-formación para fortalecer a educación e a integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia. Fase I.

39.060,00

34.860,00

13.944,00

20.916,00

34.860,00

2019/5

Fundacion Intered-Galicia

De Ítaca a Avalón: da igualdade na educación á coeducación para a transformación social e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas. Fase I.

38.169,92

34.971,32

13.988,53

20.982,79

34.971,32

2019/6

Asoc. Solidariedade Internacional de Galicia agrupada UDC

Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan educación para o desenvolvemento e cidadanía global en Galicia. Fase II.

46.377,67

43.377,67

17.351,07

26.026,60

43.377,67

2019/13

Fundación Taller de Solidaridad

Adestro conciencia: deporte, comercio xusto e consumo responsable comparten valores en Galicia. Fase III.

41.787,09

31.869,65

12.747,86

19.121,79

31.869,65

2019/20

Ecos do Sur agrupada USC

Outra Historia-Oh!!

30.640,54

27.607,44

11.042,98

16.564,46

27.607,44

2019/1

Amigos da Terra Galicia-Xuventude

Fortalecemento da rede de eco hortas escolares.

19.020,00

18.020,00

7.208,00

10.812,00

18.020,00

2019/8

Fundac Entreculturas Fe y Alegría

Rede solidaria da mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2019/20.

42.321,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

2019/14

Manos Unidas

Fame cero: formación, participación e mobilización educativa polo dereito humano á alimentación no marco dos ODS. Fase II.

44.080,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

2019/3

Enxeñería sen Fronteiras Galicia

Coidadoras da terra creando pontes entre a sociedade civil do Golfo de Fonseca (Honduras) e de Galicia na protección do territorio como sustento de vida.

28.150,00

25.000,00

25.000,00

0,00

25.000,00

2019/21

Farmacéuticos Mundi agrupada USC

Construíndo cidadanía global para a transformación social a través da aprendizaxe-servizo (APS).

53.000,00

45.000,00

6.828,76

27.000,00

33.828,76

Total

552.355,22

490.428,08

200.000,00

279.256,84

479.256,84