Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 6 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 9 de agosto de 2019, de conformidade coa disposición adicional da Orde do 6 de maio de 2019 (DOG núm. 100, do 28 de maio) para a execución de:
– 5 proxectos de investigación e para crear de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, por un importe global de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade, que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2019
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
| Nº de expediente | Entidade solicitante | Destinatario/a | Denominación do proxecto | Orzamento total | Subvención proposta | ||
| Total | Anualidade 2019 | Anualidade 2020 | |||||
| PR 815A 2019/7 | Universidade de Vigo. Facultade de Filoloxía e Tradución. Dpto.: Tradución e Lingüística | Fernando Ramallo Fernández | Formación teórica e metodolóxica, elaboración, aplicación e validación de materiais educativos no Programa de Educação Bilingue de Mozambique. | 31.578,94 | 30.000,00 | 15.000,00 | 15.000,00 | 
| PR 815A 2019/10 | Universidade da Coruña. ETS de Camiños, Canais e Portos. Dpto.: Enxeñaría Civil agrupada con Enxeñería Sen Fronteiras | Francisco Alberto Varela García | Creación do Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable. | 38.300,00 | 35.000,00 | 17.500,00 | 17.500,00 | 
| PR 815A 2019/4 | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación. Dpto.: Pedagoxía e Didáctica, agrupada con Solidaridade Internacional de Galicia | Silvana Longueira Matos | A EDCG na formación dos profesionais da educación: construíndo o ámbito de educación. As titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Fase II. | 33.000,00 | 30.000,00 | 15.000,00 | 15.000,00 | 
| PR 815A 2019/6 | Universidade de Vigo. Facultade de Filoloxía e Tradución. Dpto.: Tradución e Lingüística | María Isabel del Pozo Triviño | Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento. | 31.578,94 | 30.000,00 | 15.000,00 | 15.000,00 | 
| PR 815A 2019/5 | Universidade de Vigo, Cátedra Unesco. Facultade de Ciencias do Mar. Dpto.: Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio | Gonzalo Méndez Martínez | Cooperación para o Desenvolvemento Litoral Sostible (Cátedra Unesco). | 36.842,10 | 25.000,00 | 12.500,00 | 12.500,00 | 
| Total convocatoria | 171.299,98 | 150.000,00 | 75.000,00 | 75.000,00 | |||

 
					
