Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 27 de setembro de 2019 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/48/2018-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a María Pérez Ramos e a Susana Molina González (en calidade de herdeira de Milagros Rodríguez Mourelo) para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/48/2018-RP1, en relación coa realización de grandes movementos de terras e apertura dun camiño no polígono 50, nas parcelas 1341, 1347, 1348 e 1349, no termo municipal do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense.

O expediente relacionado está á disposición das interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

As interesadas disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegaren e presentaren os documentos e as informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística