Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 8 de outubro de 2019 Páx. 44577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 25 de setembro de 2019 polo que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución ditada en relación co procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia está regulado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, modificado polo Decreto 35/2017, do 30 de marzo.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolucións relativas aos expedientes de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia das persoas interesadas que se indican no anexo.

Inentada dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polas persoas interesadas para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude deste anuncio, notifícalles ás persoas interesadas que se indican no anexo a resolución antes citada.

As persoas interesadas poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer as persoas interesadas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que as persoas interesadas comparezan, un recurso de alzada, ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 25 de setembro de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Nome

Apelidos

Acto notificado

Sección ou seccións do rexistro

Adrián

Argüelles Avín

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Espazos acuáticos naturais

Brais

Casas Roldos

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Espazos acuáticos naturais

José Luis

Catoira Prada

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas/espazos acuáticos naturais

Víctor Manuel

Cobas del Río

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas

Vera

Conde Crecente

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Espazos acuáticos naturais

Ziro

De Paz Dorado

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Espazos acuáticos naturais

Gonzalo

Freire Boubeta

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Espazos acuáticos naturais

Aída

Garrote Hermida

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Espazos acuáticos naturais

Anxo

Martínez Sampedro

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas/espazos acuáticos naturais

María

Pérez Regueras

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Espazos acuáticos naturais

Elena

Pérez Sindín Blanco

Denegación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas

Ian

Ramos Casas

Declaración de desistencia da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Espazos acuáticos naturais

Jacobo

Rial Barreiro

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas

Alejandro

Ruiz Fra

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas/Espazos acuáticos naturais

Alejandro

Vázquez Rodríguez

Declaración de desistencia da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas/espazos acuáticos naturais