Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44668

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 2 de outubro de 2019 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas.

Pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas.

Pola Orde da Consellería de Facenda do 24 de xullo de 2019 (DOG núm. 144, do 31 de xullo) nomeouse o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo.

Por circunstancias sobrevidas modifícase a composición do dito tribunal cualificador, polo que esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia de Francisco Javier Abad Pardo como secretario suplente do dito tribunal e nomear no seu lugar a Rubén Plaza Martínez, funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda