O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no segundo cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019
José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no segundo cuadrimestre do ano 2019
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total do convenio |
Convenio plurianual de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e promoción da madeira na construción. |
30.7.2019 |
389.000,00 € |