Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 9 de outubro de 2019 Páx. 44631

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e o equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento BS403E).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2019, a través da Orde do 8 de agosto de 2019 (DOG núm. 159, do 23 de agosto), axudas destinadas ao investimento na mellora das infraestruturas e o equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 8 de agosto de 2019 e no artigo 8 determínase a documentación necesaria que se deberá xuntar ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo o artigo 7.3 da Orde do 8 de agosto de 2019 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a entidade local solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, tal como sinala o artigo 14 da Orde do 8 de agosto de 2019, de convocatoria das axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 9 da Orde do 8 de agosto de 2019, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de xeito electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a través da conta de correo familia.ctb.vigo@xunta.gal ou do teléfono 986 81 77 04.

Vigo, 1 de outubro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS403E

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS403E-PO-2019-1

Concello de Vilanova de Arousa

P3606100J

– Anexo I da solicitude debidamente cuberto: na declaración da persoa representante non se indica se ten ou non implantado ou se compromete a implantar un plan de igualdade na escola infantil nos termos do artigo 13 (punto 8).

– En relación co mobiliario solicitado, na memoria faise referencia a un aumento no número de prazas. No RUEPSS (Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais) indícase que a escola ten 94 prazas autorizadas. Debe acreditarse un aumento no número de prazas autorizadas que xustifique a adquisición do equipamento.

– Aclaración do seguinte aspecto: a instalación das baldosas de seguridade (punto 008 do orzamento de equipamento), xa que semella que se trata dunha actuación encaixable como obra menor e non como adquisición de equipamento. Cómpre especificar detalladamente as actuacións concretas que se van realizar.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron os escritos achegados inicialmente.

BS403E-PO– 2019– 02

Concello de Pontecesures

P3604400F

– Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

– Acreditación de que o equipamento proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo, porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións, e de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que o material didáctico e de xogo proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

– Acreditación de que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha simple substitución por uso ou deterioración.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano. Unicamente se financiarán actuacións distintas da compra de material didáctico e de xogo e que non foran xa obxecto desta subvención.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2019-3

Concello de Arbo

P3600100F

– Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración

estimada sexa inferior a un ano. Unicamente se financiarán actuacións distintas da compra de material didáctico e de xogo e que non foran xa obxecto desta subvención.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2019-4

Concello de Mondariz Balneario

P3603100C

– Anexo I da solicitude debidamente cuberto: na declaración da persoa representante non indícase se ten ou non implantado ou se compromete a implantar un plan de igualdade na escola infantil nos termos do artigo 13 (punto 8).

– Aclaración do seguinte aspecto: inclúese dentro das obras propostas o seguinte concepto: instalación de sinal de prohibido aparcar e cadea de seguridade para garantir perímetro de acceso de bombeiros. Cómpre especificar se o sinal se vai situar na vía pública ou no perímetro da escola infantil e cal é, se é o caso, o organismo con competencia para a súa colocación.

– Acreditación de que o mobiliario proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo, porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións, e de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha simple substitución por uso ou deterioración.

BS403E-PO-2019-7

Concello de Sanxenxo

P3605100A

– Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate. Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto.

– Certificación da contía establecida nos orzamentos da Corporación Local da cantidade destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia do concello.

– Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

BS403E-PO-2019-9

Concello de Vigo

P3605700H

– Acreditación por calquera medio válido en dereito da representación fidedigna de Gorka Gómez Díaz e da súa capacidade para solicitar a presente axuda en nome da entidade local solicitante, así como para asinar, en nome da Corporación Local, a declaración recollida no anexo I.

BS403E-PO-2019-10

Concello da Estrada

P3601700B

– Aclaración dos seguintes extremos: inclúese dentro das obras propostas o seguinte concepto: protección da incidencia solar na escola infantil. Cómpre especificar detalladamente as actuacións concretas que se van realizar en cada unha das actuacións e en que consiste a mellora que implica as actuacións propostas na memoria presentada. A memoria achegada fai referencia a diversos elementos estruturais (piares, vigas, zapatas, cimentación e estruturas...) que, de conformidade co código técnico, exixen a elaboración do correspondente proxecto.

– Acreditación de que o mobiliario proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo, porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións, e de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha simple substitución por uso ou deterioración. De acordo coa documentación existente, no ano 2017 foi subvencionada a adquisición dalgún elemento similar ao solicitado.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2019-11

Concello de Caldas de Reis

P3600500G

– Acreditación de que a obra proposta mellora a accesibilidade ou dota o edificio dos servizos necesarios e de que non se trata de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso.

– Acreditación de que o mobiliario proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo, porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións, e de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que o material didáctico e de xogo proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano. Unicamente se financiarán actuacións distintas da compra de material didáctico e de xogo e que non foran xa obxecto desta subvención.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2019-12

Concello de Catoira

P3601000G

-Certificación da contía establecida nos orzamentos da Corporación Local da cantidade destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia do concello. O orzamento da obra supera a contía subvencionable de acordo co establecido no artigo 4.4. da orde reguladora.

– Acreditación de que a obra proposta mellora a accesibilidade ou dota o edificio dos servizos necesarios e de que non se trata de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso.

– Acreditación de que o mobiliario proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo, porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións, e de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

– En relación co mobiliario solicitado, na memoria faise referencia a un aumento no número de prazas. No RUEPSS (Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais) indícase que a escola ten 41 prazas autorizadas. Debe acreditarse un aumento no número de prazas autorizadas que xustifique a adquisición do equipamento.

– Acreditación de que o material didáctico e de xogo proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

– Acreditación de que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha simple substitución por uso ou deterioración.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2019-14

Concello da Cañiza

P3600900I

– Anexo I da solicitude debidamente cuberto: na declaración da persoa representante non indícase se ten ou non implantado ou se compromete a implantar un plan de igualdade na escola infantil nos termos do artigo 13 (punto 8).

– Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da Corporación Local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate. Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto.

– Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

BS403E-PO-2019-15

Concello de Agolada

P3602000F

– Orzamento detallado de todos os conceptos da obra para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai realizar, número de unidades e prezo.

– Acreditación de que o mobiliario proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións e de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2019-16

Concello de Meis

P3602800I

– Acreditación de que a obra proposta mellora a accesibilidade ou dota o edificio dos servizos necesarios e de que non se trata de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso.

BS403E-PO-2019-17

Concello de Ribadumia

P3604600A

– Acreditación de que a obra proposta mellora a accesibilidade ou dota o edificio dos servizos necesarios e de que non se trata de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso.

– Acreditación de que o mobiliario proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo, porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións, e de que non se trata dunha simple substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que os electrodomésticos propostos supoñen un valor engadido para a prestación do servizo, ben porque se carecía deles ou porque a súa adquisición responde á mellora substancial das prestacións, e de que non se trata dunha simple substitución por deterioración.