Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 161/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 161/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Janete Lopes Pimentel contra Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada da Goulla, S.L., Georgialar, S.L., Área de Descanso Paradela, S.L. e Marea Nocturna, sobre ordinario, se ditou o Auto do 31 de xullo de 2019, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Mont Parnasse, S.L., Paradela Restauración, S.L., Parada da Goulla, S.L., Georgialar, S.L., Área de Descanso Paradela, S.L. e Marea Nocturna, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza