Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44816

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 149/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 149/2017 por instancia de Jonier Jovanny Raigoso Pinto contra Parrilladas Chapa Churrasco, S.L. e Fogasa, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou a Sentenza do 10 de setembro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Desestímase a demanda interposta por Jonier Jovanny Raigoso Pinto contra Parrilladas Chapa Churrasco, S.L. e absólvese esta das pretensións dirixidas contra ela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Parrilladas Chapa Churrasco, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza