Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44741

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 121/2019, do 26 de setembro, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito Bagüín-Seixo, puntos quilométricos 2+900-3+700, de clave PO/16/265.06, no concello de Marín.

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 31, do 13 de febreiro de 2019, publicouse o Anuncio do 6 de febreiro de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito Bagüín-Seixo, puntos quilométricos 2+900-3+700 de clave PO/16/265.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, informes e certificados presentados, o 17 de xullo de 2019 apróbase o expediente de información pública e o proxecto de construción de fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito Bagüín-Seixo, puntos quilométricos 2+900-3+700 de clave PO/16/265.06.

Este proxecto ten por obxecto a construción dunha senda de uso peonil e ciclista pola marxe dereita da estrada PO-551, no treito Bagüín-Seixo entre os puntos quilométricos 2+900 e 3+700. O mencionado proxecto encádrase dentro das actuacións de fomento da mobilidade sustentable na comarca do Morrazo e concellos limítrofes, da Xunta de Galicia.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de setembro de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo único. Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción de fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito Bagüín-Seixo, puntos quilométricos 2+900-3+700 de clave PO/16/265.06.

Santiago de Compostela, vinte e seis de setembro de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade