Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, co procedemento abreviado 203/2019-B.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, tramítase o recurso 203/2019-B (procedemento abreviado), interposto por Ana Belén Villaza Álvarez fronte á Resolución do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: enfermeiro/a) (DOG núm. 94, do 20 de maio).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na parte de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos