Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45091

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de convocatoria pública de subvencións a entidades sen ánimo de lucro e comisións de festas deste concello (anualidade 2019).

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 23 de setembro de 2019, acordouse:

Primeiro. Aprobar a convocatoria pública de subvencións a entidades sen ánimo de lucro e comisións de festas de Abegondo, anualidade 2019, con cargo ás aplicacións orzamentarias 334.48002 e 338.48001.

Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.

Segundo. Publicar a convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do Concello, na sede electrónica do Concello e na Base nacional de subvencións.

Abegondo, 23 de setembro de 2019

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde