Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 44958

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

A Resolución do 16 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Cultura e Turismo durante o segundo cuadrimestre do ano 2019, foi publicada no Diario Oficial de Galicia o 27 de setembro de 2019.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 184, do 27 de setembro de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 42833, no anexo, onde di:

Título

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade de Salamanca para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

15.5.2019

4.000,00 €

Debe dicir:

Título

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e The Graduate Center of The City University of New York (EE.UU) para a docencia, a investigación e máis a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

15.5.2019

4.000,00 €