Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 44959

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica o Acordo do 1 de outubro de 2019, de corrección de erros da Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se finaliza o procedemento BS700A, de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco operativo do FSE Galicia 2014-2020.

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2019, a través da Orde do 25 de marzo de 2019 (DOG núm. 70, do 10 de abril), subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá.

A orde recolle que as subvencións se destinarán á consecución das seguintes finalidades:

Programa I: a consolidación dos servizos de atención temperá actualmente subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 27 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Programa II: destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados, así como á implantación de novas unidades.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas está cofinanciada con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, e encádrase no obxectivo temático 9: promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación; prioridade de investimento 9.4: o acceso a servizos accesibles, sostibles e de calidade, incluídos os servizos sanitarios e sociais de interese xeral; obxectivo específico 9.4.1: mellorar a accesibilidade para as persoas máis vulnerables a servizos de atención sanitaria, sociais e de orientación, formación e educación, incluíndo a eliminación de estereotipos. Na liña de actuación 118: implementación da Rede galega de atención temperá.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como sinala o artigo 22 da Orde do 25 de marzo de 2019, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia, e producirán os efectos da notificación.

Finalizada a tramitación, para os efectos da súa notificación, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 134, do 16 de xullo de 2019, a Resolución do 4 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se finaliza o procedemento BS700A, de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco operativo FSE Galicia 2014-2020.

Logo da súa revisión por parte do órgano instrutor, este detectou uns erros materiais consistentes en simples equivocacións de transcricións de datos que inciden nos importes concedidos. Iniciado o procedemento e á vista dos seus informes, nos cales se relacionan os erros materiais detectados, con data do 1 de outubro de 2019, acórdase a revisión da Resolución do 26 de xuño de 2019.

Así, de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro do Acordo do 1 de outubro de 2019, de corrección de erros da Resolución do 26 de xuño de 2019, ditada no procedemento BS700A de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e que se xunta á presente resolución no anexo.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2019

Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Acordo do 1 de outubro de 2019 polo que se rectifican os erros detectados na Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se finaliza o procedemento BS700A, de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco operativo FSE Galicia 2014-2020.

Visto o informe formulado polo órgano instrutor relativo aos erros detectados no anexo I da Resolución do 26 de xuño de 2019, como consecuencia dun erro material,

Considerando que se verificou a realidade dos erros mencionados e que as administracións públicas poden, en calquera momento, rectificar, de oficio ou por petición dos interesados, os erros materiais, aritméticos ou de feito que produzan os seus actos.

Vistos os antecedentes mencionados e o artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre ditar o seguinte acordo:

Na Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se finaliza o procedemento BS700A, de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco operativo FSE Galicia 2014-2020, procede facer as seguintes correccións:

No anexo I, na subvención concedida á agrupación dos concellos de Burela e Viveiro, onde di: «62.413,43 €», debe dicir: «85.883,15 €».

No anexo I, na subvención concedida á Mancomunidade dos Concellos de Ordes, onde di: «115.104,05 €», debe dicir: «118.668,82 €».

No anexo I, na subvención concedida á Agrupación dos Concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro, onde di: «94.358,00 €», debe dicir: «106.854,88 €».

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 25.3.2019; DOG nº 70, do 10 de abril). Ildefonso de la Campa Montenegro, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.