Con data do 19 de xuño de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 6 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (código de procedemento VI432C).
O ordinal trixésimo terceiro da citada resolución dispón, no seu parágrafo 1, que as axudas previstas nesa convocatoria se farán efectivas con cargo ás aplicacións orzamentarias 07.83.451B.760.0, 07.83.451B.770.0 e 07.83.451B.781.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte repartición plurianual:
Aplicación |
Importe 2019 (€) |
Importe 2020 (€) |
Importe 2021 (€) |
07.83.451B.760.0 Proxecto 2019 00004-FFE |
750.000 |
400.000 |
618.000 |
07.83.451B.770.0 Proxecto 2019 00003-FCA Proxecto 2019 00004-FFE |
500.000 810.000 |
400.000 400.000 |
500.000 700.000 |
07.83.451B. 781.0 Proxecto 2019 00004 |
300.000 |
200.000 |
200.000 |
Total |
2.360.000 |
1.400.000 |
2.018.400 |
O artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes fixado no ordinal trixésimo cuarto da Resolución do 6 de xuño de 2019 resulta que o grao de execución na anualidade de 2019 vai ser inferior ao previsto inicialmente e, por outra parte, na aplicación orzamentaria 07.83.451B.760.0 existe un remanente que convén asignar a outras tipoloxías de beneficiarios, co fin de optimizar os recursos dispoñibles para esta convocatoria e cubrir o maior número posible de actuacións subvencionables, baixo a perspectiva da eficiencia na asignación dos recursos públicos.
Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,
RESOLVO:
Modificar a distribución entre créditos orzamentarios destinados ás axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 6 de xuño de 2019, como a seguir se indica:
Aplicación |
Anualidade |
Crédito inicial |
Redistribución |
Crédito definitivo |
07.83.451B.760.0 Proxecto 2019 00004-FFE |
2019 |
750.000 |
-750.000 |
0 |
2020 |
400.000 |
-330.000 |
70.000 |
|
2021 |
618.000 |
-595.000 |
23.000 |
|
07.83.451B.770.0 Proxecto 2019 00003-FCA |
2019 |
500.000 |
-446.821,55 |
53.178,45 |
2020 |
400.000 |
0 |
400.000 |
|
2021 |
500.000 |
0 |
500.000 |
|
07.83.451B.770.0 Proxecto 2019 00004-FFE |
2019 |
810.000 |
-810.000 |
0 |
2020 |
400.000 |
+330.000 |
730.000 |
|
2021 |
700.000 |
+595.000 |
1.295.000 |
|
07.83.451B. 781.0 Proxecto 2019 00004 |
2019 |
300.000 |
-300.000 |
0 |
2020 |
200.000 |
0 |
200.000 |
|
2021 |
200.000 |
0 |
200.000 |
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2019
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo