Unha vez convocado o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, mediante a Orde do 31 de maio de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 115, do 19 de xuño, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta vicepresidencia e consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, subgrupo C1, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
Proceso selectivo unitario para a selección de 132 prazas da policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, subgrupo C1 dos concellos e coas características que se definen nas bases da convocatoria
Tribunal titular:
Presidencia:
– Alejandro Tuero González, fiscal na Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra.
Secretaría:
– Patricia Roiloa Rodríguez, xefa do Servizo de Xestión Económica e de Persoal e Habilitación do Consello Consultivo de Galicia.
Vogais:
– Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Academia Galega de Seguridade Pública.
– Diego Someso Anguita, oficial do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.
– Begoña del Río Martínez, policía do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.
Tribunal suplente:
Presidencia:
– Jesús Calles Villamandos, fiscal da Fiscalía da Área de Vigo.
Secretaría:
– Ángel Ruibal Pérez, inspector principal da Policía Local do Concello de Pontevedra.
Vogais:
– Mª Dolores Veiga Gondelle, xefa do Servizo de Xestión de Persoal da Dirección Xeral da Función Pública.
– Francisco Carro Rey, oficial do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.
– Leticia López Vázquez, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.