Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT DC 220 kV Dumbría-Regoelle, no concello de Dumbría (expediente IN407A 2014/196-1), acto que terá lugar nos propios predios segundo o calendario e os datos que se indican no cadro anexo que máis abaixo se detalla para, posteriormente, proceder á redacción final das ditas actas nas dependencias municipais que sinale o propio concello.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 2 de outubro de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2014/196-1.
Entidade beneficiaria: Ferroatlántica, S.A.U.
Denominación da instalación: LAT DC 220 kV Dumbría-Regoelle.
Concello: Dumbría.
Predio |
Lugar |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
180 |
Marmuirazo |
José Alvela Canosa |
30.10.2019 |
10.15 |