De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícanselles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou ao seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terá por notificadas.
Vigo, 7 de setembro de 2019
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Procedemento/Nº de expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
Data do documento |
BS210A/PO-73162 |
35201848A |
Admisión da tramitación prioritaria por emerxencia social |
1.4.2019 |
BS210A/PO-73162 |
35201848A |
Admisión da tramitación prioritaria por emerxencia social |
13.5.2019 |