Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45306

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal número 11.

O Concello Pleno, en sesión do 26 de setembro de 2019, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM nº 11 no ámbito do POL-31 Oleiros (Documento nº 11877 do 12.7.2019).

De conformidade cos artigos 60.6, 7 e 8 da Lei 2/2016, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 2 de outubro de 2019

Mª José Varela Neira
Alcaldesa en funcións