Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 14 de outubro de 2019 Páx. 45307

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a rehabilitación integral dos grupos de vivendas Cardeal Quiroga Palacios e Compostela, no barrio de Pontepedriña.

O Pleno da Corporación na sesión ordinaria que tivo lugar o dia 17 de xaneiro de 2019, adoptou o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a rehabilitación integral dos grupos de vivendas Cardeal Quiroga Palacios e Compostela, no barrio de Pontepedriña, redactado polos arquitectos Elisabeth Abalo Díaz e Gonzalo Alonso Núñez, coas condicións sinaladas no citado acordo.

O estudo de detalle contén a delimitación espacial do ámbito da actuación, para os efectos do disposto polo artigo 24 do Real decreto lexislativo 7/2015, que habilita a ocupación do dominio público e das superficies comúns de uso privativo para a instalación de ascensores ou outros elementos que aseguren a accesibilidade universal, así como para a realización de obras ou instalacións que reduzan a demanda enerxética.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa e ordenanzas, publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Con data 23 de agosto de 2019, preséntase un documento refundido que recolle as cuestións sinaladas no acordo de aprobación definitiva.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica