Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45432

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos

EDICTO (XVB 352/2016).

Sentenza.

Monforte de Lemos, 28 de xuño de 2019.

Vistos por min, César Antonio Saco Figueiras, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos e o seu partido, os autos do xuízo verbal número 352/2016 sobre distancias e obras intermedias para certas construcións e plantacións, seguido por instancia de Manuel Díaz López, representados pola procuradora Sra. Franco García e baixo a dirección da letrada Sra. Cardelle González, contra Juventino Jorge Martínez, Fe Jorge Martínez, ambos representados pola procuradora Sra. Crespo Vázquez e asistidos da letrada Sra. Tapia Fernández, Pilar Jorge Martínez, asistida da letrada Sra. Suárez Chorén (en substitución de Penabad), herdeiros de Severino Jorge Martínez (Juan José Jorge López, María Paz Jorge López, Olga Jorge López) representados pola procuradora Sra. Crespo Vázquez e asistidos da letrada Sra. Tapia Fernández, e Celestino, Lucía e Celia Jorge Martínez, en situación de rebeldía procesual, resolvo con base aos seguintes:

Decido que estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Sra. Franco García en nome e representación de Manuel Díaz López contra Juventino Jorge Martínez, Fe Jorge Martínez, Pilar Jorge Martínez, herdeiros de Severino Jorge Martínez (Juan José Jorge López, María Paz Jorge López, Olga Jorge López), Celestino, Lucía e Celia Jorge Martínez, condenando estes últimos a cortar, arrincar ou desprazar todas aquelas árbores que, atopándose na leira dos demandados, se achen a unha distancia inferior a 2 metros do lindeiro do predio da demandante.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de apelación, conforme o disposto na LAC.

Así o pronuncia, manda e asina. Dou fe.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo xuíz que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no mesmo día do seu pronunciamento. Dou fe.

En virtude do acordado no procedemento referenciado, por medio deste edicto remito o presente co fin de que se proceda a notificar a sentenza, co obxecto de proceder á notificación dos demandados Celestino, Lucía e Celia Jorge Martínez, os cales se encontran en situación de rebeldía procesual.

Monforte de Lemos, 17 de xullo de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza