Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 24 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de documentación xustificativa no expediente PR911A 2018/111.

Intentada a notificación do requirimento de documentación xustificativa a través do servizo de Correos no domicilio que consta no correspondente expediente, esta non se puido efectuar. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de documentación xustificativa.

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, na praza de Mazarelos, nº 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se lle comunica á persoa interesada que, de conformidade co disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a falta de presentación da documentación requirida no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR911A 2018/111.

Interesado: 77970355X.

Acto notificado: requirimento de documentación xustificativa necesaria para efectuar o segundo pagamento da bolsa concedida ao abeiro da Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen (100) bolsas excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega.