Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45455

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

ANUNCIO da contratación da restauración das pinturas murais da Capela Maior da Catedral de Santiago.

Orzamento de contrata: 326.053,86 € (IVE incluído).

Prazo de execución: 9 meses.

Entidade contratante: Fundación Catedral de Santiago.

A documentación do proxecto e o prego de contratación poderanse obter consultando a web http://www.catedraldesantiago.es/contratación ou ben contactando coa Fundación Catedral de Santiago (teléfono 981 56 93 27), logo de acreditación da empresa do aboamento de 100 €. O prazo de presentación das ofertas será de 30 días naturais desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela