Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45454

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO sobre a aprobación inicial do estudo de detalle de ordenación de volumes e condicións da edificación da parcela dotacional pública QG-41. Xuño 2019. Matadoiro municipal (expediente 631/2018/136).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 3 de setembro de 2019, acordou aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle para a reordenación de volumes e condicións da edificación dunha parcela dotacional pública QG-41. Xuño 2019 (matadoiro municipal) promovido por Carniceros de A Coruña, S.A. e presentado o 4 de xullo de 2019.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A consulta da documentación do estudo de detalle pódese realizar no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade (praza Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres, ou ben na sede electrónica do Concello ou no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, no «Visor estado desarrollo PGOM 2013».

A Coruña, 19 de setembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo