Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45475

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento SI449B) (Diario Oficial de Galicia número 101, do 29 de maio).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas a asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) legalmente constituídas e ás federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios e/ou ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As accións subvencionables ao abeiro desta convocatoria teñen como finalidade a realización de programas e actividades de difusión, información e formación para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, que realizarán as ANPA, federacións e confederacións de ANPA, dirixidos ao alumnado de centros educativos non universitarios e/ou ás familias e á comunidade educativa, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, realizadas entre o 1 de maio de 2019 e o 30 de novembro de 2019, e que respondan a algunha ou algunhas das seguintes tipoloxías recollidas nas medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do eixe 1:

a) Escolas de pais e nais e/ou formación para as familias en temas de igualdade, de educación afectivo-sexual (aspectos fisiolóxicos e afectivo-emocionais) e sobre violencia de xénero.

b) Elaboración de materiais informativos para nais e pais que lles axuden a detectar a violencia de xénero da que poden ser vítimas ou agresores as súas fillas ou os seus fillos adolescentes.

c) Realización de accións de formación, sensibilización e difusión, contra a cousificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas.

d) Formación para pais e nais e/ou para mozas e mozos sobre o uso adecuado e crítico da internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.).

e) Accións de formación coas familias e/ou alumnado sobre novas masculinidades para romper cos micromachismos e cos comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos.

Crédito orzamentario: para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de trescentos oitenta mil euros (380.000 €), logo da Resolución do 6 de agosto de 2019, pola que se amplía a dotación presupuestaria, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.2 código de proxecto 2018 00112, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase o anexo.

A Coruña, 27 de setembro de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Axudas para realización de actividades financiadas polo Pacto de Estado
contra a violencia de xénero dirixidas as ANPAS de Galicia (SI449B)

Subvencións concedidas ao amparo da convocatoria 2019:

CIF

Entidade beneficiaria

Denominación da actividade

Importe concesión

G27019140

Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos de Lugo (Fapacel)

Vivir en igualdade: guías e charlas. Xénero e música. Marcapáxinas

7.000,00 €

G27019058

ANPA CEIP Antonio Pedrosa Latas Celeiro (Viveiro)

Teatro e obradoiros de igualdade para alumnos/Cine en familia/Espectáculo musical para familias

7.000,00 €

G27120112

ANPA Padres Escolapios de Monforte

Igualdade 2-Violencia=0. Alumnado e familia

4.000,00 €

G27019371

ANPA Padre Feijóo CEIP Nº 1

A igualdade apréndese. Familia e alumnado

4.000,00 €

G27126234

ANPA CEIP Rosalía de Castro

Material gráfico nas instalacións (murais)

3.970,00 €

G27414051

ANPA Abella do CEIP Casás

Familias e alumnado: igualdade/sexoloxía

4.140,00 €

G27190263

ANPA San José de Calasanz Quiroga

Campaña de sensibilización contra a violencia

3.219,00 €

G27100049

APA Colexio Público Otero Pedrayo

Acción familiar contra a violencia: familias: escola

3.000,00 €

G27019264

ANPA CEIP Santa María do Valadouro

Programa de educación

1.000,00 €

G27130111

ANPA Colexio María Auxiliadora

Educando en igualdade

3.734,06 €

G27359272

ANPA de Alumnos da Ulloa

Educar en igualdade

4.000,00 €

G27254101

ANPA Escola de Educación Infantil de Vilalba

Educar en igualdade

1.200,00 €

G27011642

ANPA A Faxarda CEIP Gregorio Sanz

Medrando xuntas e iguais. Familias e alumnado

4.000,00 €

G27043389

Federación de Asociacións de Pais de Alumnos da Provincia de Lugo (Fapalugo)

Roles de xénero no ámbito familiar

7.000,00 €

G27413459

ANPA Amolou

Formación para un uso da internet libre de violencia

4.000,00 €

G27119833

ANPA do CEIP Antonio Insua Bermúdez

Educación afectivo sexual: enfocados aos nenos, aos pais e aos mestres

1.400,00 €

G27235472

ANPA do IES Santiago Basanta Silva

Reporteiros da igualdade: conferencias e audiovisual

4.000,00 €

G27140904

ANPA do CEIP Virxe do Carme

Educación para o uso da internet libre de violencia

870,00 €