Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45478

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento SI449B) (Diario Oficial de Galicia número 101, do 29 de maio).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas a asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) legalmente constituídas e ás federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios e/ou ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As accións subvencionables ao abeiro desta convocatoria teñen como finalidade a realización de programas e actividades de difusión, información e formación para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, que realizarán as ANPA, federacións e confederacións de ANPA, dirixidos ao alumnado de centros educativos non universitarios e/ou ás familias e á comunidade educativa, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, realizadas entre o 1 de maio de 2019 e o 30 de novembro de 2019, e que respondan a algunha ou algunhas das seguintes tipoloxías recollidas nas medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do eixe 1:

a) Escolas de pais e nais e/ou formación para as familias en temas de igualdade, de educación afectivo-sexual (aspectos fisiolóxicos e afectivo-emocionais) e sobre violencia de xénero.

b) Elaboración de materiais informativos para nais e pais que lles axuden a detectar a violencia de xénero da que poden ser vítimas ou agresores as súas fillas ou os seus fillos adolescentes.

c) Realización de accións de formación, sensibilización e difusión, contra a cousificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas.

d) Formación para pais e nais e/ou para mozas e mozos sobre o uso adecuado e crítico da internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.).

e) Accións de formación coas familias e/ou alumnado sobre novas masculinidades para romper cos micromachismos e cos comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos.

Crédito orzamentario: para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de trescentos oitenta mil euros (380.000 €), logo da Resolución do 6 de agosto de 2019, pola que se amplía a dotación presupuestaria, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.2, código de proxecto 2018 00112, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase o anexo.

Ourense, 27 de setembro de 2019

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Orde do 22.3.2016)
Silvia Dorado Morales
Secretaria territorial de Ourense

ANEXO

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2019:

CIF

Entidade beneficiaria

Programa proposto

Importe concedido

G32298671

ANPA CEIP Amaro Refojo

Vexo, vexo... a igualdade

3.600 €

G32181208

ANPA CEIP Carlos Casares

Sementando igualdade no Carlos Casares

2.093 €

G32147522

ANPA do IES nº 4 O Couto

Atopámonos na diversidade

4.000 €

G32025413

ANPA Vila do Arenteiro

Vila Igualdade

2.000 €

G32475592

ANPA Paniagua

Construíndo igualdade

2.134 €

G32141442

ANPA CPI José García

Educar no feminismo construíndo igualdade

4.000 €

G32411084

ANPA do Centro Educativo Especial Ilustre Mestre

Educando sen barreiras

1.425 €

G32009037

Federación Prov. ANPA C.P. de Ourense As Burgas

Escola libre de violencia machista

7.000 €

G32112856

APA do CEIP de Seixalvo

Educando no feminismo

3.359 €

G32223703

APA Otero Novas

Cortegada actívase

2.000 €

G32277535

ANPA Pía da Casca

8 m cada día na escola e na familia

4.000 €

G32129686

ANPA Os Rosais

Erixindo igualdade

2.226 €

G32013203

ANPA O Areal

Promoción da igualdade homes e mulleres

4.000 €

G32126450

APA Castromao

Rosa + azul = violeta

3.800 €

G32173312

ANPA do CEIP Ben Cho Shey

Educando na corresponsabilidade

1.480 €

G32116501

ANPA IES Xesús Ferro Couselo

Equality 3.0

4.000 €

G32173247

Afa do CEIP Saco e Arce

As familias no cole de Toén construímos a igualdade

3.982 €

G32102394

ANPA Airiña de Allariz

Allariz con igualdade

2.775 €