Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45481

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento SI449B) (Diario Oficial de Galicia número 101, do 29 de maio).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas a asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) legalmente constituídas e ás federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade ente mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios e/ou ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As accións subvencionables ao abeiro desta convocatoria teñen como finalidade a realización de programas e actividades de difusión, información e formación para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, que van realizar as ANPA, federacións e confederacións de ANPA, dirixidos ao alumnado de centros educativos non universitarios e/ou ás familias e á comunidade educativa, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, realizadas entre o 1 de maio de 2019 e o 30 de novembro de 2019, e que respondan a algunha ou algunhas das seguintes tipoloxías recollidas nas medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do eixe 1:

a) Escolas de pais e nais e/ou formación para as familias en temas de igualdade, de educación afectivo-sexual (aspectos fisiolóxicos e afectivo-emocionais) e sobre violencia de xénero.

b) Elaboración de materiais informativos para nais e pais que lles axuden a detectar a violencia de xénero da que poden ser vítimas ou agresores as súas fillas ou os seus fillos adolescentes.

c) Realización de accións de formación, sensibilización e difusión, contra a cosificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas.

d) Formación para pais e nais e/ou para mozas e mozos sobre o uso adecuado e crítico da internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.).

e) Accións de formación coas familias e/ou alumnado sobre novas masculinidades para romper cos micromachismos e cos comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos.

Crédito orzamentario: para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de trescentos oitenta mil euros (380.000 €), logo da Resolución do 6 de agosto de 2019, pola que se amplía a dotación presupuestaria, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.2 código de proxecto 2018 00112, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase o anexo.

Pontevedra, 27 de setembro de 2019

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia (SI449B)

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2019:

CIF

Entidade beneficiaria

Programa

Importe concedido

G36743946

Foanpas Vigo

A igualdade dende o berce

6.000,00 €

G36263630

ANPA Solleiro IES Tomiño

Obradoiros en igualdade

3.910,00 €

G36578722

ANPA O Toural CPI Toural

Toural diverso coeducación nas diversidades

4.000,00 €

G36978955

ANPA Colexio Infantil O Areal EEI O Areal

Unha infancia pola igualdade

1.801,00 €

G36154011

ANPA CEIP Pintor Antonio Fernández Goián

Ela ou el /¿que máis da? – stop diferenzas

4.000,00 €

G36036952

ANPA A Prixela do CIP Viñagrande de Deiro

En Igualdade

4.000,00 €

G36801579

Asociación de Pais e Nais de Alumnos CEP O Areal de Sabarís

Promoción da igualdade de xénero

2.150,00 €

G36023034

ANPA Celenis CPI Alfonso VII de Caldas de Reis

Programa integral en igualdade de xénero

6.994,00 €

G36020311

FANPA Pontevedra

Enxañaría emocional para a igualdade

4.547,50 €

G36818409

ANPA Balcaxia IES Primeiro de Marzo

Axudas económicas ás AMPA: proxecto xénero-arte

3.410,00 €

G36174985

ANPA Xulio Lois CPI de Rodeiro

Programa de igualdade

4.000,00 €

G36223055

APA Nosa Señora das Dores CEIP de Forcarei

Educando en igualdade

1.446,66 €

G36136596

ANPA Alecrín CEIP O Foxo

Axudas igualdade

2.600,00 €

G36119667

ANPA CEIP San Miguel de Marcón

Nin sapos, nin princesas

3.450,00 €

G36716298

Asociación Nais e Pais EEI Monte da Guía

Igualando

4.000,00 €

G36644144

ANPA Irmandiños CEIP O Rocío

Educando en igualdade como comunidade

750,00 €

G36208262

ANPA CEIP plurilingue Varela Buxán de Cercio

Promoción da igualdade entre nen@s

1.860,00 €

G36483261

ANPA Os Pequenos CRA de Vilaboa

Promoción da igualdade

1.140,00 €

G36782373

ANPA A Barxa CEIP García Barbón

Coeducando na Barxa

4.000,00 €

G36018364

ANPA San Xosé Campolongo CEP Campolongo

Promoción da igualdade e prevención violencia xénero

2.500,00 €

G36618742

ANPA Lameira CEIP Josefa Alonso

#de_meu, aulas de empoderamento afectivo-sexual

4.000,00 €

G36959658

Surgapa

Repensar as desigualdades dende o corpo

1.842,80 €

G36154508

ANPA Picariños CEIP de Figueiroa da Estrada

Igualdade + corresponsabilidade= respecto

3.000,00 €

G36012532

Asociación de Nais e Pais de Alumnos Río Lérez CEIP Manuel Vidal Portela

O patio en igualdade

4.000,00 €

G36030229

ANPA O Areeiro CEIP San Benito de Lérez

Non somos distintos: escola de familia

2.100,00 €

G36174753

ANPA CEIP Petelos

Educando en igualdade

540,00 €

G36156891

ANPA A Pena do Equilibrio CEIP Ramiro Sabell Mosquera

Igualdade e prevención violencia xénero

1.100,00 €

G36021129

ANPA Xunqueira I

Escola de familia/non somos distintos

3.420,00 €

G36023042

ANPA Pardo Bazán CEIP Froebel

Charlas promoción igualdade

3.520,00 €

G36119659

ANPA Cela e Pereiras de Alumnos CEIP Atin-Cela

Promoción igualdade e prevención da violencia

3.520,00 €

G36141000

Asociación de Nais e Pais de Alumnos O Galo do Colexio Barcelos de Pontevedra

Educación para la igualdade de xénero

3.000,00 €

G36621704

APA Paraixal Os Únicos

Coeducando igualdade

3.385,00 €

G36018273

ANPA Andaina CEIP Xunqueira 2

Axendando igualdade

2.940,00 €

G36141687

ANPA El Pino IES Torrente Ballester

Medidas contra a violencia de xénero

1.740,00 €

G36812824

Asociación de Nais e Pais do CEIP

Valle-Inclán

Plan formación en diversidade afectiva

285,00 €

Total

104.951,96 €