Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade San Paio, S. Coop. Galega de Vivendas.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establécese a obrigatoriedade de publicar no Diario Oficial de Galicia a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio de domicilio social), da entidade San Paio, S. Coop. Galega de Vivendas, acordada na reunión do consello reitor do 10 de outubro de 2018, por unanimidade. Consta como novo domicilio social a rúa As Teixugueiras, 16, entreplanta, portal 1, oficina-11, do concello de Vigo, provincia de Pontevedra.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos (cambio de domicilio social) da entidade San Paio, S. Coop. Galega de Vivendas.

Vigo, 2 de outubro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra