Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a varias instalacións eléctricas no concello de Quintela de Leirado (expediente IN407A 2018/23-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: San Miguel 2.000 Distribución Eléctrica, S.L.U.

Enderezo: rúa Coruña, nº 20, baixo, 36700 Tui (Pontevedra).

Denominación: LMTS, CT e RBT Quintela de Leirado (Ourense).

Situación: concello de Quintela de Leirado.

Características técnicas:

• LMT subterránea con tres circuítos a 20 kV, de 50 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-12/20 kV 3×95 mm2 AL, con orixe na torre de celosía existente en LMT liña xeral e remate no CT proxectado Quintela, de 400 kVA de potencia con tres celas de liña máis unha protección e telemando, en caseta de obra, R/T 20.000/400-230 V, situado en Quintela de Leirado.

• RBTA-RBTS conexión cadro de baixa e enlace con RBT aérea existente, de 25 m de lonxitude, conductor RZA1 2×1×240 AL e RV, con orixe no CT proxectado.

• Orzamento: 79.044,48 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, de ser o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial, resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos, de ser o caso, polos ministerios, organismos ou corporacións, que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de 12 meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 7 de novembro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense