Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-77/2019-PRE e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-77/2019-PRE e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 2 de outubro de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-77/2019-PRE

47435871G

Resolución

Rúa Centollo, 12-2º, Fisterra

PSC-CO-152/2019-PPM

53481283G

Resolución

Breiro, nº 13, baixo C, Rianxo

PSC-CO-192/2019-PPM

35491421Y

Resolución

Pazo Rianxo, 242, Rianxo

PSC-CO-203/2019-PPM

76968120T

Resolución

O Pazo, 246, Rianxo

PSC-CO-300/2019-PPM

52938787D

Resolución

Arcos Moldes, 3-4º D, Rianxo

PSC-CO-334/2019-PPM

53483467A

Resolución

Peralto, 49, P-1, 1º F, Escarabote, Boiro