De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-823/2019-PPM e nove máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 2 de outubro de 2019
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
| Nº de expediente | DNI/NIF/NIE | Acto que se notifica | Enderezo | 
| PSC-CO-823/2019-PPM | 47382174N | Inicio | Rúa Adelaida Muro, 37-39, 2º esqda., A Coruña | 
| PSC-CO-838/2019-PPM | 33555303M | Inicio | O Portiño, 39, A Coruña | 
| PSC-CO-841/2019-PPM | 49471057N | Inicio | Avda. Portiño, 26-2º esqda., A Coruña | 
| PSC-CO-852/2019-PPM | 53484472L | Inicio | Camiño dos Cons, 15, A Pobra do Caramiñal | 
| PSC-CO-854/2019-PPM | X8354815L | Inicio | Rúa Méndez Núñez, 9-1º, Ribeira | 
| PSC-CO-855/2019-PPM | 52934643M | Inicio | Nine, 7 A, Cespón, Boiro | 
| PSC-CO-861/2019-PPM | 76871498R | Inicio | Rúa Los Olmos, Cambados | 
| PSC-CO-866/2019-PPM | 54545548J | Inicio | Rúa Bao, 5-1º dta., Boiro | 
| PSC-CO-888/2019-PPM | 44133068R | Inicio | Avda. Malecón, 33, Ribeira | 
| PSC-CO-894/2019-PPM | 53306192N | Inicio | Rúa Epígrafe, 1-5º esqda., A Coruña | 

 
					
