Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45647

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel (Axudas DGAN 2019).

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que o seu obxecto social contempla o fomento do deporte de alta competición, convoca as axudas a deportistas galegos/as de alto nivel Axudas DGAN 2019.

As/os deportistas solicitantes interesadas/os presentarán a solicitude (anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego (r/ Madrid, 2-4, 2º (As Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela), ou en calquera rexistro oficial previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de utilizar un rexistro oficial diferente ao propio da Fundación Deporte Galego citado anteriormente ou recorrer ao sistema de envíos postais, para presentar as solicitudes, as persoas deportistas solicitantes veranse obrigadas a comunicalo por correo electrónico ao enderezo da Fundación (fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal), remitindo anexa a propia solicitude.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose unha ligazón na Guía de procedementos e servizos co código PR961A.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

As bases poderanse consultar na sede da Fundación Deporte Galego, no enderezo sinalado anteriormente ou na web https://deporte.xunta.gal. Teléfono 881 99 63 73.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2019

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego