Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45646

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente URB 22/2019 GEST-822/2019).

Ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 16 de Pedornes, no termo municipal de Oia (Pontevedra), e ao resultar descoñecido o enderezo da titular da parcela 544 do polígono 16 (ref. catastral 36036A016005440000QB), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte aos incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese de execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

URB/22/2019 (822/2019)

Manuel Estévez Estévez;

enderezo descoñecido

36036A016005440000QB

Parcela 544, polígono 16,

Pedornes

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 4 de outubro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa