BDNS (Identif.): 366962.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Modificación do importe
Establécese a liña de préstamos directos do Igape Préstamos IFI TUR, polo importe máximo indicado a seguir, que se establece conxuntamente coas liñas de préstamos IFI Industria 4.0 e IFI Relanzamento, que se modifica neste punto:
Préstamos IFI Industria 4.0., Préstamos IFI Relanzamento e Préstamos IFI Tur: 27.000.000 €, dos que ata un máximo de 2.000.000 € destinaranse a Préstamos IFI Relanzamento.
Préstamos IFI Industria 4.0. e IFI Tur: con cargo á partida orzamentaria 09.A1-741A-8310 e por un importe de 5.479.412 € con cargo ao exercicio 2018, 10.520.000 € con cargo ao exercicio 2019 e 9.000.588 € con cargo ao exercicio 2020.
Préstamos IFI Relanzamento: con cargo á partida orzamentaria 09.A1-741A-8310 e por un importe de 1.000.000 € con cargo ao exercicio 2019 e 1.000.000 € con cargo ao exercicio 2020.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2019
A Xerencia do Instituto Galego de Promoción Económica
P.S. (Resolución do 15.7.2019)
Norberto Penedo Rey
Director da Área de Competitividade