Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45732

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 786/2017).

PO Procedemento ordinario 786/2017

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Francisco Javier Gómez Ferreiro

Avogada: Rocío Rodríguez Enríquez

Demandados: Segur 10 Vigilancia, S.A., Compañía de Protección Galaica, S.A., Fogasa

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 786/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Gómez Ferreiro contra Segur 10 Vigilancia, S.A., Compañía de Protección Galaica, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, estes autos número 786/2017, seguidos por instancia de Francisco Javier Gómez Ferreiro, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, contra Segur 10 Vigilancia, S.A. e Compañía de Protección Galaica, S.A.

Resolvo:

Estímase a demanda presentada por instancia de Francisco Javier Gómez Ferreiro contra Compañía de Protección Galaica, S.A. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade total de 6.396,04 e 3.400,75 euros como cantidades debidas máis o xuro legal da dita cantidade.

Todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección Galaica, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza